CRTVG

Buscar

Seguimento masivo nunha nova xornada de paro no sector das ambulancias

Publicado o 11/02/2019 15:46

Seguimento total, segundo os sindicatos convocantes, no último día do primeiro tramo de paros do sector das ambulancias. Como en días precedentes, os traballadores realizaron unha nova concentración ás portas do Hospital Clínico de Santiago.

Polo momento, segundo o comité de folga, non se celebraron novas reunións coa Federación Galega de Empresarios de Ambulancias. A patronal asegura que non pode asumir subas salarias ata coñecer a contía do novo concurso público por parte da Xunta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019