CRTVG

Buscar

A Semana Santa estará marcada polas folgas no transporte aéreo e ferroviario

Publicado o 15/04/2019 22:22

Para os que aínda estean pendentes de viaxar esta Semana Santa, unha advertencia: hai convocadas folgas de transporte para todos os días, tanto de tren, como de transporte marítimo como nos aeroportos. A compañía Air Nostrum cancelou 148 voos entre esta semana e a que vén, que van deixar en terra case 10.000 pasaxeiros. Ningunha desas cancelacións lle afecta a Galicia.

Este é o calendario de folgas no transporte para esta Semana Santa, e como ven, non se libra nin un só día. Hai folga dos traballadores de seguridade en Baraxas, desde este luns tamén folga dos pilotos de Air Nostrum. Están previstos ademais dous días de paros do persoal de terra de todos os aeroportos españois, un de folga en Adil e nos Portos do Estado, e unha xornada tamén de paros parciais dos vixilantes de Renfe.

Toda unha serie de reivindicacións laborais que hai que a ter en conta á hora de planificar unha viaxe.

Esta pasaxeira é unha dos 10.000 que entre esta semana e a próxima se van ver afectados pola folga de Air Nostrum, que cancelou 148 voos. Ningún deles ten orixe ou destino en Galicia.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019

Máis sobre actualidade