CRTVG

Buscar

Tecnoloxía, roupa ou pasar máis tempo xuntos: os mellores agasallos para o Día do Pai

Publicado o 15/03/2019 21:40

Faltan 4 días para San Xosé, o Día do Pai, que este ano ademais é festivo en Galicia. Unha data para a celebración familiar que tamén ten, como non, unha importante compoñente de consumo.

Quen máis quen menos, o habitual é que estes días nos botemos ás tendas na procura dun agasallo ideal para o Día do Pai, e de feito son moitos os comercios que fan campañas promocionais por esa data. Pero é moi difícil é dar co regalo perfecto. Segundo un estudo da platafoma de vendas por Internet Ebay, os que menos gustan son precisamente os máis socorridos: os calcetíns, a roupa interior, as garavatas ou os perfumes.

E os máis cobizados, os agasallos tecnolóxicos. Hoxe saímos á rúa para preguntar: que lles gustaría, ou que temen, que lles poidan regalar polo Día do Pai? E tamén lles preguntamos os fillos que pensan regalar.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/03/2019