CRTVG

Buscar

Tres dos edís cos que conta o PSOE no Carballiño danse de baixa

Publicado o 11/02/2019 15:35

Agrávase a crise no Goberno socialista do Carballiño. Tres dos oito edís cos que conta o PSOE déronse de baixa. Trátase de xente próxima a Pachi Vázquez.  O ex-secretario do PSdeG falaba hoxe da posibilidade de que se cree un partido alternativo.

É o momento en que Adolfo Nogueira e Erika Paz presentaban, en nome tamén da súa compañeira, Charo González, a súa renuncia a todos os cargos e a seguir formando parte do grupo municipal socialista. Manteñen a acta de concelleiros, pero xa no grupo de non adscritos.

A súa marcha deixará o grupo de goberno con só 5 edís, por detrás dos 6 que ten o PP. Para o rexedor, isto non vai afectar a gobernabilidade do concello poucos meses antes das eleccións pero si os resultados se presentan unha lista alternativa.

Unha lista alternativa que o ex-secretario socialista, de baixa xa no partido, ve bastante probable.

Ademais de abandonar o grupo de goberno, os edís, próximos a Pachi Vázquez, tamén se darán de baixa no partido en que ocupan cargos órganicos, polo que o PSOE verase obrigado a crear unha xestora no Carballiño como xa fixo en Maceda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019