CRTVG

Buscar

Un pai agride a súa filla de 16 anos no barrio da Sagrada Familia da Coruña e foxe

Publicado o 15/03/2019 14:22

A Coruña amenceu hoxe coa nova dun suceso de violencia doméstica no barrio da Sagrada Familia. Unha suposta agresión dun pai á súa filla de 16 anos e a posterior fuxida do home.

Os berros de auxilio da moza, duns dezaseis anos, alertaron os veciños da rúa Cardeal Cisneros da Coruña. Fuxía, segundo as testemuñas, do seu pai, que corría detrás dela.
A moza conseguiu refuxiarse neste bar. Entrou pedindo axuda e ocultouse no baño.

Segundo puideron observar, a rapaza tiña unha forte contusión nun ollo. Atendérona alí mesmo, nunha ambulancia medicalizada. Ata o lugar tamén se desprazou a Policía, que tivo que convencela para que saíse do seu refuxio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/03/2019