CRTVG

Buscar

Un veciño alerta a policía dun roubo de cable de teléfono en Vea, na Estrada

Publicado o 15/03/2019 14:47

Na zona de Vea, na Estrada, preto de 250 fogares quedaron sen teléfono e Internet por mor dun roubo na rede de telefonía. Foi un veciño quen descubriu os ladróns, no momento en que estaban cortando o cable a carón da estrada.

Os ladróns actuaron de noite, pero á vista de calquera que pasase por esta estrada. Un veciño da zona decatouse dende o seu domicilio de que algo estaba ocorrendo co servizo telefónico.

Os ladróns actuaron de noite, pero á vista de calquera que pasase por esta estrada. Un veciño da zona decatouse dende o seu domicilio de que algo estaba ocorrendo co servizo telefónico.

Segundo a valoración feita polo equipo técnico que efectua a reparación, o valor do material subtraído podería superar os 2.600 euros. En total, o roubo deixou sen teléfono e Internet uns 250 fogares dos pobos de Ribeira, Portela, Arama e Sanxurxo de Vea, no concello da Estrada. A previsión é que o servizo estea restablecido ao longo do día de hoxe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/03/2019