CRTVG

Buscar

Un veciño de Ribadavia, condenado a once anos de cadea por abusar dun menor

Publicado o 11/04/2019 14:15

Once anos e once meses de prisión para un veciño de Ribadavia acusado de abusar sexualmente dun menor. O xuízo celebrouse a porta pechada na Audiencia Provincial de Ourense.

Houbo conformidade entre as partes e finalmente terá que cumprir once anos e once meses de prisión. Está acusado dun delito continuado de abuso sexual, outro de elaboración de material pornográfico e un delito de pornografía infantil.

Á pena de prisión súmase, ademais, unha indemnización de 6.000 euros, unha orde de afastamento do menor durante dez anos e a inhabilitación para desenvolver oficios en que estea en contacto con menores durante 14 anos.

Cando saia do cárcere estará en liberdade vixiada durante cinco anos.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/04/2019