CRTVG

Buscar

Veciños do centro da Coruña din que non poden durmir e que senten medo cando fan botellón

Publicado o 15/04/2019 16:40

Centos de persoas reúnense na rúa Vista, situada entre a do Santo André e O Orzán, nas noites dos xoves, venres e sábados, amolando a todos os veciños.

"Este sábado creo que pasaban dos 300... ata as catro da mañá ou máis non podemos durmir".

Pero, amais dos gritos e dos cánticos, din que teñen que aturar tamén todo o lixo que deixan, cristais rotos e malos cheiros.

"Furiosos os que non poden durmir e despois toda a sucidade que hai ao día seguinte...".

Contan que levan máis dunha década aturando este problema que agora xa cualifican de inaguantable. Din que están fartos de chamar a policía e de mandar escritos ao Concello e que ninguén tome cartas no asunto.

"Non hai policía non hai xustiza nin nada... Aquí fan o que queren".

A Televisión de Galicia púxose en contacto co Concello para saber se se vai adoptar calquera medida nesta zona pero, polo momento, non obtivo resposta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019