CRTVG

Buscar

Xunta e CSIC asinan o convenio para trasladar o Instituto do Patrimonio ao Gaiás

Publicado o 15/04/2019 17:06

A Xunta e o CSIC acaban de asinar un convenio para trasladar á Cidade da Cultura o Instituto de Ciencias do Patrimonio, que ata agora estaba no Campus Sur de Santiago. 

O Instituto de Ciencias do Patrimonio ocupará o 20% do edificio Fontán, que se está a construír no espazo inicialmente pensado para o palacio da ópera. Aquí traballarán 50 investigadores, de quince especialidades e once países distintos. O CSIC destaca que este acordo permitirá abrir novos laboratorios e investigacións.

"É unha satisfacción para min asinar este coa Xunta para mellorar a infraestrutura dun dos nosos centros máis prometedores", di a directora do CSIC.

Este organismo fai traballos de campo nunha ducia de países. En Galicia realizou estudos sobre o Camiño de Santiago e elaborou a documentación para avalar a Ribeira Sacra como Patrimomio da Unesco.

"Con esta iniciativa tamén facemos unha aposta polo noso en áreas fundamentais para Galicia, como a paisaxe e os itinerarios culturais. Contribuimos a preservar a nosa identidade cultural e apostamos por un turismo sustentable e de calidade", segundo Feijóo.

Polo uso das instalacións do Gaiás o CSIC achegará 2,4 millóns de euros á Xunta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019

Máis sobre actualidade