CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Emilio Viqueira: "Doéronme as palabras do presidente o outro día en 'Ao contraataque'"

11/02/2019 - 23:02 h

O ex-director deportivo do Club Deportivo Lugo rompeu o seu silencio na Radio Galega despois de ser destituído a pasada semana. Viqueira afirmou que se sente contrariado polas palabras do presidente Tino Saqués o xoves pasado no programa especial de Ao contraataque en Lugo. Considera Viqueira que as formas escollidas polo presidente do equipo lucense non foron as axeitadas para explicar unha situación delicada xurdida despois dunha etapa en que el e o seu equipo traballaron da maneira máis profesional posible. No aspecto profesional, apuntou o ex-director deportivo que case todas as decisións tomadas dende comezo de temporada no Lugo foron consensuadas entre corpo técnico, dirección deportiva e presidente. Só 4 decisións foron tomadas sen consenso: as vendas de Kravets e Azzeez, a incorporación de Lebedenko e saída e regreso de Adrián Loureda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí