CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Ana Peleteiro: "Non quero vivir do que pasou en Glasgow"

14/03/2019 - 23:34 h

A ribeirense Ana Peleteiro foi homenaxeada onte pola seu concello tras acadar o Campionato de Europa de triplo salto. A atleta pasou polos micrófonos de Ao contraataque e amosou a súa ambición cara ao futuro: "Non quero vivir do que pasou en Glasgow. Xa estou pensando nos seguintes obxetivos. Quero mellorar a marca e alcanzar os 15 metros que xa penso que podo chegar".

A campioa europea está pasando uns días de vacacións en Ribeira e recoñeceu que voltar á casa sérvelle para sumar enerxía para os seus novos desafíos: "Veño de vacacións, desconectar e recargar enerxía. É a
 miña zona de escape. Veño gozar dos meus e de Galicia".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí