CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Juanma Marrube: "Esta semana xa sentaremos para falar do proxecto de cara á próxima temporada"

15/04/2019 - 23:44 h

O adestrador do Burela FS pasou por Ao contraataque para analizar o ascenso do seu equipo á Liga Nacional de Fútbol Sala. Marrube destacou que: "Fomos moi regulares durante todo o ano, posto que o equipo transformouse dende o principio de temporada, ao tempo que os xogadores asumiron o reto de xogar cada encontro como unha final".

O técnico é consciente de que a próxima temporada será moi complicada, por iso hai que aproveitar o tempo para estruturar ben o proxecto co obxectivo claro de intentar manter a categoría na mellor liga do mundo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí