CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Antón Cortizas publica 'Non trabes na lingua'

11/02/2019 - 10:30 h

O profesor Antón Cortizas recolle no libro Non trabes na lingua, da Editorial Galaxia, unha escolma de trabalinguas da tradición oral galega e outros creados polo alumnado dun colexio mugardés.

Xogando coas palabras conseguiron inventar trabalinguas dende cero, crear novos a partir dos existentes e recoller os propios da tradición galega.

O obxectivo é dar valor a cultura galega mediante o xogo coas palabras, coa música, a lingua e os dobre sentidos.

No contexto actual en que a cultura lúdica non está tan presente na xeracións máis novas é esencial recuperar o xogo infantil. Os trabalinguas son unha forma perfecta de conectar cos máis pequenos a través da lingua e a diversión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí