CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A visibilidade da muller con Ceres Fernández Rozadilla

07/03/2019 - 07:35 h

Hoxe Ángel Carracedo cédenos o espazo para que Ceres Fernández Rozadilla, investigadora  posdoutoral en xenómica e transcriptómica do cancro no grupo de Medicina Xenómica, nos fale do pasado, presente e futuro das científicas en Galicia. Do seu papel, do seu recoñecemento, da súa visibilidade, das dificultades de conciliación da vida familiar e profesional en comparación cos seus colegas masculinos, e da súa posición dentro do gremio científico.

Hoxe mudaron moitas cousas, mais segue a ser un reto complicado para as mulleres desenvolver a súa carreira profesional en igualdade de condicións  ca os  homes, ben  sexa  polo desequilibrio nas responsabilidades familiares, ben sexa pola existencia dun teito de cristal para as posicións directivas, o caso é que aínda temos que mellorar moitos aspectos nun eido profesional tan esixente coma ou científico.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí