CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Díaz Barreiro: "Traballamos para conseguir a inclusión da liña Vigo-O Porto no Corredor Atlántico"

15/03/2019 - 08:21 h

O secretario da Alianza Empresarial do Noroeste, José Manuel Díaz Barreiros, explicou no Galicia por diante da Radio Galega que esta infraestrutura é vital para a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, e asegurou que o grupo empresarial "vai seguir loitando" por ese obxectivo.

Constituída este xoves en Ourense, a Alianza Empresarial do Noroeste está formada polas patronais da Coruña, Lugo, Ourense, Asturias, León, Zamora e Salamanca. Sobre a ausencia dos empresarios de Pontevedra, Díaz afirmou que "agarda a súa incorporación no futuro, xunto á patronal de Cantabria, Palencia e o Norte de Portugal".

A necesidade de infraestruturas, o despoboamento rural e que se cumpran en prazo as obras pendentes son, segundo José Manuel Díaz, as necesidades que teñen en común as provincias representadas nesta Alianza, que nace co obxectivo de facer máis competitivos a industria e o comercio da rexión noroeste.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí