CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Visibilidade das mulleres nas redes sociais

15/03/2019 - 07:35 h

8 de marzo tróuxonos o ditame do xurado da terceira edición do concurso Wisibilízalas, con dous equipos galegos entre os gañadores. Esta iniciativa pon a disposición da poboación internauta información detallada sobre os perfís profesionais e traxectorias de mulleres relevantes no eido da ciencia e a tecnoloxía, mais cal é o prezo que pagan as mulleres cando se expoñen nas redes sociais? Comentarios negativos sobre o que din, a súa aparencia e agresións verbais de índole sexista é un prezo que ningunha muller debería ter que pagar nin no mundo real nin no virtual.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí