CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Alfredo García, presidente da FEGAMP: "A axuda que nos presta a Xunta é grande"

16/04/2019 - 08:18 h

A FEGAMP agradece a axuda que lles presta a Xunta aos concellos á hora de xestionar a obriga de manter limpos os terreos na beira das casas, para previr incendios forestais. Medio Rural deseñou un programa informático para fixar polo miúdo en que leiras ou montes é obrigatorio rozar e tamén inclúe un sistema automático para avisar os donos e, chegado o caso, para multalos.

Iso, ademais, facilitará que os concellos deseñen o plan antiincendios, obrigatorio por lei.

"Aquí hai un traballo que, evidentemente, os concellos por nós mesmos non poderiamos facer".

"A lei di o que di. É certo que os concellos, aínda que xa moitos estaban facendo pola súa conta, buscando empresas que lles fixeran o plan de incendios, pois evidentemente a realidade é a que hai. Polo tanto, a cuestión era preocupante. E iso tamén foi o que fixo que a partir deste traballo que se está a facer decidiramos ir por aí: prestarlles esa axuda a todos os concellos que estean adheridos e así o soliciten".

"O traballo máis importante deses plans é determinar as faixas. E iso vaise facer desde o convenio. Eu creo que no que queda de ano debería haber moitísimos concellos cos plans terminados. Unha vez que a maquinaria se poña a funcionar, isto ten que partir".

"A axuda que nos presta a Xunta é grande. Vainos liberar non mañá, porque mañá non van estar todos os plans de incendios elaborados, pero si imos intentar que isto se faga con rapidez para evitar calquera sobresalto para calquera alcalde ou alcaldesa".

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí