CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Ramón Izquierdo: "É case imposible que na catedral de Santiago poida ocorrer a catástrofe de Notre Dame"

16/04/2019 - 08:43 h

O director do Museo da Catedral de Santiago, Ramón Izquierdo, afirmou no Galicia por diante que é case imposible que no templo compostelán poida ocorrer unha catástrofe parecida á de Notre Dame.

"A diferenza de Notre Dame, a catedral de Santiago non ten cubertas de madeira. Ese material puido axudar a que o lume se expandise dunha maneira máis rápida. De calquera xeito, é necesario agardar ás conclusións dos técnicos. A investigación determinará as causas que orixinaron o incendio".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí