Zona Mixta
Coñecemos en Pontevedra o único club de España que practica esgrima a cegas
Levaban anos intentando poñer en marcha un grupo estable e hai un mes que o conseguiron. O Club Escola Hungaresa de Pontevedra é o primeiro de todo o estado que adestra esgrima a cegas. Custou convencer os primeiros participantes, pero agora, segundo o seu director técnico, "están entusiasmados". Son un adulto e dous rapaces con moi baixa visión, entre un dous e un cinco por cento.
"Unha vez que proban descobren unha actividade fantástica -cóntanos Adrián Cubela- que lles axuda na vida diaria, para incorporar conceptos como a distancia, sentir o contacto das espadas ou para orientarse".
Agora, a Escola Hungaresa vai presentar a primeiros de marzo o seu proxecto para que se estenda a outros lugares de España, como xa sucede noutros países europeos.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí