CRTVG

Buscar

Podcast

UPM56: Mentiras antiinmigración e Paula Monteagudo

12/02/2019 - 00:04 h

Neste episodio de "Un país mundial" coñecemos iniciativas que buscan frear as mentiras sobre inmigración que se espallan a través das redes, como Ciberespect, de Ecos do Sur, e Maldita Migración, de Maldita.es. Recordamos as fotografías dun dos grandes retratistas da emigración galega, Alberto Martí, que poden verse agoranos Estados Unidos na exposición "Os adeuses". E escoitamos a experiencia migrante de Paula López Monteagudo, unha microbióloga galega (nacida en Bilbao) que investiga sobre o virus da gripe no hospital Monte Sinaí de Nova York. A canción migratoria póñena desta vez Esposa e Rubén Domínguez, do grupo Pantis, con "Belo Horizonte".

Belén Regueira fainos chegar a experiencia profesional e humana da xente galega polo mundo
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí