CRTVG

Buscar

RG en directo

Galicia en goles

Galicia en goles

 As retransmisións dos partidos do Celta, Depor e Lugo nas competicións da LFP son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos de Segunda B: Pontevedra, Celta B, Fabril, Bouzas e Coruxo. Ademais, o programa está presente en todos os campos da Terceira e cada quince minutos actualiza os marcadores da Preferente Galicia.
Esta temporada, a Radio Galega fai unha aposta forte polo baloncesto e reforza a cobertura dos partidos ACB do Obradoiro e do Breogán con locutores presentes en todas as canchas onde xoguen os dous conxuntos galegos.
O programa tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Uni Ferrol e Ensino, no baloncesto feminino; Teucro, Cangas, Guardés e Porriño, no balonmán; Liceo, no hockei a patíns; Parrulo Ferrol, no fútbol sala; e Emevé Lugo, no voleibol.

Galería de imaxes