CRTVG

Buscar

Sen barreiras

Alberto Palmeiro, Anxo Queiruga, Casa Fandín e asociación DOA

16/05/2017 11:45 h

'Sen barreiras' preséntanos a Alberto Palmeiro, un rapaz cambadés de 14 anos, todo un lince nas novas tecnoloxías, e a Anxo Queiruga, presidente de COGAMI.

O programa visita a Asociación Doa, que foi creada en 1987 por un grupo de familiares de persoas con enfermidades mentais e que ofrece recursos e servizos encamiñados a facilitar unha vida o máis plena, autónoma e normalizada posible a estas persoas. E tamén nos leva á Casa Fandín, uns apartamentos adaptados situados en Ribadeo.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: