CRTVG

Buscar

Bamboleo

Baccara, Javi Mota e Orquestra Superfama

07/10/2017 22:00 h

“Bamboleo” recibe o mítico dúo Baccara. Formado en 1977 polas bailarinas españolas Mayte Mateos e María Mendiola, na actualidade, o grupo está composto por Mendiola e Cristina Sevilla. O dúo inicial abriu camiño con temas pop en inglés, como “Yes, sir I can boogie” ou “Sorry I'm a lady”, que tiveron un gran éxito. No programa, esta nova formación interpreta estes temas e un novo, do seu recentemente estreado disco “I Belong to your heart”.

Ademais, o espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro fai bailar os espectadores coas actuacións do cantante e bailarín Javi Mota e a Orquestra Superfama. Polo escenario tamén pasan Noemí González, interpretando “Hoy quiero confesar”, de Isabel Pantoja, e Aldana Saravia, co tema “Skyfall”, de Adele, competindo na sección “Agora ou Nunca”. 

Coma sempre, “Bamboleo” conta coa “ITV do amor”, onde un concursante ten que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas, e en “Dirtidansi” actúan dúas parellas que bailan un mix de merengue, bachata e quickstep.  

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: