CRTVG

Buscar

TAC

Capítulo 5

09/10/2017 23:00 h

Xurxo Prieto converterase na nova estrela do Francisco Balmis por un vídeo en que a actriz Vera Dávila lle dá un bico, polo que agora os rumores que apuntan a unha relación entre o doutor Prieto e a actriz inundarán todos os recunchos do Balmis. 
Por outra parte, Losada segue a facer das súas no hospital, e a investigación que leva a cabo sobre a morte de Marcos estalle pasando factura á súa saúde, como demostra o seu esvaecemento na cafetería. Coma o seu cardiólogo, Sabih recoméndalle que deixe de xogar aos detectives, pero Losada négase en rotundo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: