CRTVG

Buscar

O final do Camiño

Capítulo 8

01/03/2017 22:45 h

A cidade espera ansiosa a inminente inauguración da Porta de Praterías. Toda menos Odamiro, que aínda vai tentar destruíla. Estaban, pola súa banda, está intranquilo. Aínda lle falta unha imaxe para terminar a súa obra. Unha imaxe que evoque o perdón e faga que todo peregrino que cruce a porta sinta o amor de Deus. Pero a idea non chega. Pola súa banda, Gonzalo, logo de vivir 20 anos nunha mentira creada pola traizón de Pedro, sustentada pola prata de Tomás e alimentada polas mentiras de Xelmírez, prepara a vinganza contra o seu irmán. E haberá enfrontamento entre os dous. Urraca será outra das grandes protagonistas deste derradeiro capítulo

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: