CRTVG

Buscar

Pasaporte galego

Carlos Vasallo, de Miami a Trasanquelos, en Oza-Cesuras

05/11/2018 23:30 h

Da man de Isabel Blanco, a TVG sela o 'Pasaporte Galego' de Carlos Vasallo, famoso e exitoso produtor, asentado en Miami. Propietario de catro mil películas mexicanas e dono de varias canles de televisión, é ademais o padastro da cantante Paulina Rubio. Hoxe en día preside América Te Ve, a única canle hispana independente no sur de Florida. 
Vasallo comezou moi novo como actor en Madrid, pero rapidamente asumiu labores de dirección, produción e distribución de películas. A carreira meteórica deste “galego” en México levouno a gozar dun gran prestixio naquel país e actualmente é a cabeza visible dun holding de empresas. Recibiu varias distincións, tanto nas Américas coma en España. Tamén ostenta o título de Cabaleiro da Orde da Vieira e o título “Excelencia Galega”, en recoñecemento á súa galeguidade.
A súa familia é oriúnda de Trasanquelos, unha parroquia do concello de Oza-Cesuras, na provincia da Coruña. Nalgún momento deixouse ver por Galicia, aínda que a súas raíces ata agora se foran esvaecendo. Verán aquí por que.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: