CRTVG

Buscar

Larpeiros

Cazola de arroz con verduriñas e ovos, e galletas de castaña

14/03/2017 23:05 h

Leni traerá un romanesco, unha verdura parecida á coliflor que ata hai pouco tempo non era moi coñecida no noso país e coa que don Benigno cociñará un saboroso e orixinal arroz con verduras e ovo. Pola súa parte, Merchi chegará con fariña de castaña, que se empregaba moito hai uns anos pero que estaba quedando en desuso. Con ela prepararán a sobremesa, unhas galletas de castañas adornadas con chocolate e laranxa. Adrián tamén aparecerá con algo innovador, uns “calabizos” ou chourizos vexetarianos, a base de cabaza, que elaboran en Nigrán. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: