CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con David DeMaría, El Búho e orquestra Los Españoles

14/04/2018 22:00 h

“Bamboleo” recibe a David DeMaría, que, con dez álbums editados e máis dun milleiro de copias vendidas, está a celebrar dúas décadas de carreira musical con “20 años”, un novo disco en formato CD+DVD con todos os seus éxitos, tres temas inéditos e colaboracións de luxo, entre elas as de Manuel Carrasco, Vanesa Martín, Sergio Dalma, Rosana e Chenoa.

Outras actuacións son as da orquestra Los Españoles e do grupo galego El Búho, que ofrece pop-rock de influencias indie, con pequenas pingueiras de rock, psicodelia, blues, jazz e pop dos 80, con letras intimistas e poéticas. 

Na sección "Agora ou Nunca", compiten Ana Pereira, interpretando “A la sombra de un león”, de Ana Belén; e Pablo Santamarina, co tema “Warrior”, na versión de Kevin & Carla. “Déixate de Juasá”, anima a Nuria e Ana a prescindir de tanto trebello tecnolóxico; En “A Jrileira”, Yadhira e Cristina enfróntanse ao karaoke cantando “Santa Lucía”, de Miguel Ríos, e en “Dirtidansi”, parellas de distintas xeracións bailan chachachá, merengue e bachata dominicana.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: