CRTVG

Buscar

Land Rober Tunai Show

Con Soraya Arnelas e Santi Rodríguez

20/04/2017 22:00 h

“Land Rober Tunai Show” recibe esta noite a cantante Soraya Arnelas, que, tras darse a coñecer nun popular concurso musical e participar como representante de España no Festival de Eurovisión en 2009, chega ao programa para poñer bailar ao presentador Roberto Vilar e os seus colaboradores. Por outra banda, haberá outro convidado que participará nos sketchs, o actor e cómico Santi Rodríguez, que interpretou o inesquecible “froiteiro” dunha das series máis recoñecidas da pequena pantalla, “7 vidas”.

Xunto cos dous artistas, estará no espazo Lito, o representante da famosa orquestra Panorama, que poñerá a súa intuición a proba na sección “Quen vés sendo?”.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: