CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Tamara, Compota y su Ricura e a orquestra Miramar

10/03/2018 22:00 h

Bamboleo ofrece a actuación da cantante Tamara, que interpreta os temas “No quiero nada sin ti” e “Intentando olvidarte”. Canta en solitario e tamén a dúo con Antonio Cortés. A sevillana, experta en boleros, fíxose coñecida con só 11 anos ao participar nun concurso de talentos. 

Tamén pasan polo programa que presenta Xosé Manuel Piñeiro a orquestra Miramar e o músico, showman e compositor cubano Compota y su Ricura. Chegado a España, traballou en orquestras de primeiro nivel e en 2014 comeza a desenvolver o seu propio proxecto. A súa música está enmarcada no xénero urbano-tropical, con producións que van desde o merengue electrónico, a bachata e a salsa ata o house e o reggaeton.

A sección “Agora ou Nunca” presenta a Iria García, que interpreta “La carretera”, de Prince Royce, e Lucía Vercher, con “Se nos rompió el amor”, de Rocío Jurado.

En “Dirtidansi”, báilase zouk-kizomba e bachata, e na sección “Déixate de Juasá”, Piñeiro anima a Raquel, Loli e Estela a despegarse un pouco da tecnoloxía. Ademais, en “A Jrileira” compiten no karaoke Adrián e Lupe, cantando “Y yo sigo aquí”, de Paulina Rubio.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: