CRTVG

Buscar

Luar

David Civera, Uxía e Mocedades

06/10/2017 22:00 h

Na súa primeira edición do mes de outubro, o programa “Luar” recibe a visita de David Civera, que celebra, co seu duodécimo disco de estudio, os seus 15 anos de carreira musical. O álbum inclúe ademais dous temas inéditos, incluído “No soy un canalla”, primeiro sinxelo deste traballo, que interpreta no escenario de “Luar”.

O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e María Mera tamén ofrece a actuación de Uxía, considerada a gran dama da música galega e unha das maiores divulgadoras da súa poesía. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística, renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, mesturando alalás con morna, fados e ritmos brasileiros.

Ademais, o programa conta coa presenza de Mocedades, que na actualidade está liderado pola única fundadora que continúa consecutivamente desde 1969, Izaskun Uranga. O cartel musical  complétase coa orquestra Nevada, a formación leonesa Aires del Cabrera e as agrupacións tradicionais galegas Algarabía Folk, A Mámoa de Luou e a Asociación Cultural Sadeo.

No concurso “Recantos”, en que miden as súas voces Yesenia, procedente de Noia, e José Barrán, representante de Galicia Centro.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: