CRTVG

Buscar

Pescadores de historias

Descubrir o mar de Corcubión

03/12/2017 15:45 h

“Pescadores de Historias” atopa en Corcubión unha Confraría con moita actividade, xa que conta con cen asociados traballando unha enorme variedade de artes. O Patrón Maior desta vila, José Dominguez, é dos que máis anos leva no cargo en toda Galicia, polo que coñece ben a transformación que se operou nesta Confraría, que foi crecendo ata convertese nunha das de maior facturación da Costa da Morte. 

Rivadulla Corcón sae con Miguel Suárez ao mar para coñecer de cerca a pesca con nasa da nécora e camarón e fala con Jenifer Suárez, que coa súa mocidade é xa unha mariñeira moi experimentada. Esta rapaza ten 25 anos e xa leva seis traballando de mariñeira nun barco do que é patrón o seu pai. 

Tamén conversa con Manuel Suárez, que andou en mares moi afastados, xa que estivo na pesca en altura, na zona da Patagonia, Cabo de Hornos e as Illas Malvinas. E con Enrique Coo, que se encarga de cociñar unha caldeirada de abadexo no restaurante Mar Viva, dedicado a ofrecer unha gastronomía baseada nos produtos que dá a ría de Corcubión.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: