CRTVG

Buscar

Luar

Entroido con Antonio Carmona, Los Chunguitos e Verónica Romero

09/02/2018 22:00 h

“Luar” recende a filloas e a sons típicos do Entroido. Don Carnal entra de cheo nos fogares galegos e na Televisión de Galicia. De feito, o equipo ao completo e o público fannos partícipes desta celebración cos seus disfraces. 

O programa organiza un concurso de comparsas, cun premio de 1.000 euros para a gañadora, acompañado dos chocalleiros de Vilardevós, as filloeiras de Lestedo e o Folión de Buxán

A esta festa están convidados o cantante flamenco Antonio Carmona, o grupo de rumba Los ChunguitosVerónica Romero, a Real Banda de Gaitas de Ourense, Sito Sedes, a orquestra Grupo Garibaldi, a asociación cultural Lembranzas da Ría, de Cangas, o grupo folclórico Alegría Berciana e a agrupación Luz de Ilicinio, de Boqueixón. 

En Recantos, compiten Leshka, de Lugo, e O Chylava, do Eume.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: