CRTVG

Buscar

Sopa de festa

Festa do caldo galego de Mourente

18/03/2017 19:30 h

O caldo galego enxálzase na festa gastrónomica de Mourente, en Pontevedra.
A Asociación de Veciños El Castro encárgase de organizar o evento, que cada edición aumenta o número de visitantes que se achegan á localidade para despedir o inverno degustando unha cunca quentiña de bo caldo. O equipo do programa da TVG acompañou os organizadores dende primeiras horas para ver como preparan o seu famoso prato. 

Pepe Capelán, colaborador do programa Bamboleo da Televisión de Galicia, exerceu como padriño e pregoeiro da festa. E a cantante María do Ceo interpretou en exclusiva para o programa uns versos da canción que lle dedica ao caldo de Mourente. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: