CRTVG

Buscar

Vaia troula

Festa Indiana de Ribadeo

09/07/2017 22:30 h

A presentadora, Nieves Rodríguez, estará na localidade luguesa de Ribadeo, onde celebran a espectacular Festa Indiana. Pola súa parte, a reporteira Ariadna Leis irá ata o concello coruñés de Muros para pasar un día de troula nunha festa mariñeira chea de música e actividades. Belén Vara achegarase ata a localidade de Boiro, onde celebran un ano máis as Festas do Verán, en que hai tempo para os actos relixiosos e as actuacións de orquestras tan importantes como o Combo Dominicano. E Antía Muíños viaxará a Salceda de Caselas para participar, xunto a centos de persoas, no divertido Entroido de Verán desta vila pontevedresa.  As cámaras de “Vaia Troula” tamén estarán presentes na gran sardiñada de Lieiro, en Cervo, no San Bieito de Rabiño, en Cortegada, na Exaltación do Lacón de Silleda, e nas Festas de San Antón de Padua de Catoira.  As celebracións de San Cristovo dos concellos de Negreira e Mesía e a Festa do Escalo de Vedra completan o menú trouleiro do programa deste domingo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: