CRTVG

Buscar

Especial

Gran Parada do Festival Intercéltico de Lorient

11/08/2017 23:45 h

Por vez primeira, a Televisión de Galicia retransmite a Gran Parada do Festival Intercéltico de Lorient, a máis importante cita cultural entre os pobos de tradición celta. Os protagonistas son os cinco mil artistas que amosan as súas propostas musicais. Músicos, bandas de gaitas e agrupacións de bailes tradicionais reúnense na Bretaña para facer homenaxe as súas tradicións, cultura e sons, desde Cornualles, Gales, illa de Man, Irlanda, Escocia, Bretaña pasando por Galicia e Asturias, e con novas incorporacións desde os Estados Unidos, Australia, A Arxentina ou mesmo México. 

A ampla delegación galega que acode a Lorient está formada por uns 150 músicos e podemos ver desfilando agrupacións como Cantigas e Agarimos ou Ximiela, de Louro.

Coa voz de Moncho Lemos para a TVG, podemos seguir esta Gran Parada dun festival que chega a súa edición número 47 e que reúne un público de arredor de 800.000 persoas.

 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: