CRTVG

Buscar

Bamboleo

Lagarto Amarillo, Enrique do Rosario e Xabier Díaz

05/08/2017 22:00 h

“Bamboleo” recibe a visita de Lagarto Amarillo. Despois de tres anos de silencio, o vocalista da banda, Pablo Mora, decidiu regresar en solitario co mesmo nome do grupo que fundou xunto aos seus irmáns Patricia e José María, este último falecido. Lagarto Amarillo presenta o seu novo sinxelo, “Perdón & Amén”, do novo disco “Campeón”, dedicado ao seu irmán.

Tamén actúan a orquestra Costa Dorada, o coruñés Enrique do Rosario, que interpreta o seu éxito “Muévete”, e o compositor e investigador do  folclore tradicional Xabier Díaz.

Na sección “Agora ou Nunca”, Natalia Taboada e Cristina Gesto, amosan os seus dotes artísticos. A primeira, interpretando “El universos obre mi”, de Amaral, e, a segunda, con “Diamonds”, de Rihanna. 

“Déixate de juasá!” anima a Moncho e Mario a prescindir de trebellos tecnolóxicos e a dicir as cousas á cara; “A Jrileira” enfronta ao karaoke a dous concursantes: Benilde e Nera, que teñen que cantar “Barbie de extrarradio”, de Melendi, e en “Dirtidansi” distintas parellas bailan, entre outros estilos, bachata e chachachá.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: