CRTVG

Buscar

Medallas de Galicia

Medallas de Galicia 2018

24/07/2018 13:00 h

Transmisión do acto solemne da entrega das “Medallas de Galicia”, máxima distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións que polos seus méritos ao servizo de Galicia en calquera aspecto da súa realidade social, cultural ou económica, sexan dignas de obter o recoñecemento do pobo galego.

A cerimonia, que naceu en 1984, celébrase a véspera do Día de Galicia na Cidade da Cultura e foi presentada polo xornalista da TVG Xosé M. Maseda.

Este ano recibiron as Medallas de Ouro de Galicia dous homes e unha muller que presidiron ou presiden o Tribunal Constitucional. Galardóase a María Emilia Casas, nada en León, a súa familia é orixinaria de Monforte de Lemos e foi a primeira muller en presidir o Constitucional; o avilés Juan José González Rivas, cuxas raíces están en Xunqueira de Espadanedo, é o presidente na actualidade, e a Álvaro Rodríguez Bereijo, de Cedeira, quen participou na elaboración da Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: