CRTVG

Buscar

Luar

Niña Pastori, King África, Anglada Cerezuela e Radio Cos

01/12/2017 22:00 h

“Luar” estrea o mes de decembro coa música de Niña Pastori, cantadora de flamenco, con 22 anos de carreira, que conseguiu que todos os seus discos foran ouro e platino. Ao programa tamén acode King África, que está a celebrar 25 anos no mundo da música. Outros convidados son Carolina Cerezuela e Jaime Anglada, que forman o dúo Anglada Cerezuela. A actriz alacantina revela agora a súa paixón pola música, mentres que o cantautor mallorquino, con máis de 20 anos de carreira e oito discos ás súas costas, embárcase nunha nova aventura.

Ademais, actúa Radio Cos, un proxecto liderado por Xurxo Hernandes e Henrique Peón, dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galicia. O grupo interpreta temas do seu segundo disco, “Pasatempo”, co que continúa o seu interese por visibilizar as cancións tradicionais galegas.

A proposta musical complétase co novo cantante Edgar Bao, co grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo, herdeiros da enorme tradición musical de Terra de Montes; coa A.F. Castro Floxo e co grupo aragonés Pasatrés.

En “Recantos”, participan O Chylava, de Terras do Eume, e Cristina Cimadevila, representante da comarca Terras de Pontevedra.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: