CRTVG

Buscar

Buscadores de naufraxios

O Galstar

21/10/2018 20:15 h

Ana Ferreiro, aventureira, mergulladora e médica hiperbárica. Para ela mergullarse non é só un deporte, senón un estilo de vida. Necesítao no seu día a día, do mesmo xeito que necesita o mar. 

Ana vaise mergullar a máis de 40 metros de profundidade para amosarlles aos espectadores o pecio do Galstar, un mercante sueco que navegando de Rotterdam a Barcelona acabou afundíndose en Viveiro con 950 toneladas de bórax e 700 caixas de whisky, naufraxio que moitos pensan que foi provocado. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: