CRTVG

Buscar

Especial

O mellor berberecho do mundo

11/09/2018 23:15 h

Como é o traballo das mariscadoras para capturalos? Por que están tan ricos ao vapor? De onde vén a tradición da empanada de berberechos? Que ten de especial o berberecho de Noia? Hai festas en Galicia dedicadas a este bivalvo? Estas son algunhas das moitas preguntas que obterán resposta na Televisión de Galicia en “O Mellor Berberecho do Mundo”. As reporteiras do programa, Belén Vara, Ariadna Leis, Mercedes Seixo e Aitana Crespo, sairán de xira para achegar todos os segredos dos berberechos das rías galegas.
Para comezar estarán en Noia, na lonxa de Testal. O percorrido continuará nos bares e tabernas que mellor os preparan. Deste xeito, as reporteiras viaxarán ata as vilas de Cedeira e Cariño para aprender a facer berberechos á crema, con sal, con viño branco, e tamén acompañados de patacas e pementos. No programa deste martes tamén haberá tempo para coñecer as famosas empanadas de berberechos con cuncha da panadería O Couto de Noia. En Santiago, as reporteiras probarán as croquetas e o arroz de berberechos, e, no concello de Outes, gozarán do sabor dos clásicos berberechos ao vapor de toda a vida.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: