CRTVG

Buscar

Pescadores de historias

O palangre en Muxía

07/10/2018 15:30 h

O palangre é unha arte que se traballa en moitos portos galegos, pero no de Muxía, que hoxe recibirá a visita do programa 'Pescadores de Historias', está na súa cultura como un dos seus sinais de identidade.

Os mariñeiros de Muxía levan traballando o palangre desde que se botaron ao mar nas orixes da historia. Moitos comezaron case de nenos a traballar no mar e foron facéndose homes co palangre nas mans, como é o caso de Daniel Castro, hoxe patrón maior, que falará da importancia que tivo esta arte nas décadas dos 70 e 80 do século pasado, cando se explotou con grande éxito o caladoiro chamado O Canto.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: