CRTVG

Buscar

Buscadores de naufraxios

O Rytterholm

07/10/2018 23:30 h

O programa 'Buscadores de naufraxios' estará hoxe con José María Troiteiro, Troi, apaixonado dos deportes de risco, boina verde e paracaidista ata que, saltando desde máis de 6.000 metros de altura, tivo un accidente e fracturou o xeonllo. Desde entón, o único deporte que pode facer é o mergullo. 
Amante dos pecios, vaise mergullar nos restos do Rytterholm, o pecio máis emblemático da Coruña e que todos os mergulladores coñecen como O Chino, xa que o único tripulante que pereceu no naufraxio foi o cociñeiro, que era chinés.  

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: