CRTVG

Buscar

Ribeiras de salitre

O Vicedo

19/03/2017 15:45 h

O destino é o porto do Vicedo, na Mariña occidental, onde mariñeiros e mariscadoras quían a X.H. Rivadulla nunha viaxe polo territorio e pola memoria.

O vello mariñeiro José Pastor, que ten xa oitenta anos, fala dos seus inicios cando todo se facía a man, sen maquinaria, e a roupa se impregnaba de aceite de liñaza para impermeabilizala. Outro veterano, Manolo Rivera, que se acaba de xubilar, conta anécdotas dos seus corenta e cinco anos no mar. As xuntanzas dos mariñeiros tamén seguen levando ata alí a Manolo Carozo, que deixou o mar despois de dedicarse a el durante dez anos.

Ademais, as cámaras do programa acompañan na súa saída ao mar a Francisco Berdeal, quen lle dá as últimas leccións ao seu fillo, José Manuel Berdeal, antes de retirarse, e as mariscadoras Marisol Martínez e Isabel Solloso, que teñen unha fonda preocupación por coidar a ría para que a súa actividade sexa sostible. Nesa dirección encamiña tamén o seu traballo Fernanda Martín, capataz do Centro de Explotación Marisqueiro emprazado en Ribadeo.

A banda sonora desta nova entrega porana os membros do grupo “Os do 21”, unha asociación cultural que se dedica á difusión da cultura tradicional do Vicedo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: