CRTVG

Buscar

Pescadores de historias

Ons, cultura propia

14/05/2017 16:15 h

“Pescadores de historias” recolle a singularidade da Illa de Ons, onde agora viven só dúas familias, pero que deixou unha fonda pegada en todas as persoas que naceron nela.
X.H. Rivadulla Corcón conversa con Cesáreo Pérez e Victoria López, un matrimonio que fixo toda a súa vida na Illa. Os seus fillos e netos viven, con todo, en Bueu, coma outras persoas que deixaron Ons, na maioría dos casos, por cuestións de traballo e que conservan as súas casas alí  É o caso de Susi Otero, que preside a asociación de veciños, aínda que vive en Vigo. 
O programa tamén escoita o testemuño, vía Skype, de Josefa Otero e Staffan Mörling, un estudoso da cultura mariñeira de Galicia, que recorda o seu paso por Ons como a época máis feliz da súa vida. Da cultura illá, e especialmente das súas manifestacións musicais, tamén fala a pandeireteira María do Caño, que recuperou numerosas cantigas populares canda o músico Guillerme Costa, con quen interpreta algunhas das pezas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: