CRTVG

Buscar

Onde collen dous...

Os Salgado Rey, a familia de Candy, os Liñares García, e Patricia e os seus

06/06/2018 22:00 h

Na Estrada, en Pontevedra, viven os Salgado Rey, unha familia composta por Ofelia, José Manuel e os seus tres fillos: Cristina, Sergio e Andrés. A chegada do benxamín foi unha gran sorpresa para todos. O día desta familia xira arredor da preocupación polo máis novo, que é alérxico ao marisco, e a visita aos avós maternos.
En Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, teñen o seu fogar Candy, Suso e a súa filla Carmen. Os cabalos son o centro da súa vida, tanto é así que Candy dá clases de equitación e coaching con cabalos. Carmen é unha auténtica crack no fútbol, é a única nena que xoga na Liga Galega e que ten auténtica devoción pola futbolista Vero Boquete 
De Lugo, o programa irá á Coruña, ata Boqueixón, para coñecer os Liñares García. Eles son Raquel, Antonio e os seus tres fillos: Iván, Ángela e Sofía. Os tres rapaces son os que peor levan a profesión do pai, que pasa media vida conducindo o seu camión.  
A cuarta historia de hoxe chega de Nigrán, nas Rías Baixas, onde agarda Patricia, a segunda adolescente de Galicia que cambiou de sexo. Todo un exemplo de amor e tolerancia para unha persoa transexual apoiada en todo momento polos seus pais: Carlos e Soledad e mais o seu irmán Sergio.  

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: