CRTVG

Buscar

Luar

Plan Siberia preséntanos a canción do verán!

07/07/2018 10:36 h

'Chegou o momento' é desde hoxe a canción do verán 2018 da Galega. Por segundo ano consecutivo, o músico e compositor Gabriel Blanco, artífice de Plan Siberia, fíxose co concurso 'Este verán canta con nós'. Un galardón que sitúa este tema como a banda sonora da CRTVG durante toda a temporada. 

A canción gañadora cativou o xurado practicamente por unanimidade pola súa “letra orixinal e suxestiva, o seu ritmo pegadizo, ademais tamén da súa calidade e produción musical”. O xurado, composto polo artista Luís Iglesia, pola xefa de Contidos da TVG, Montse Besada; por Tania Fernández Lombao, xefa de Programas da Radio Galega, e por Fernando R. Ojea, director de Contidos da CRTVG, valorou o alto nivel e orixinalidade dos temas presentados e agradeceulles a todos os concursantes a súa participación nesta iniciativa, que estaba aberta tanto a profesionais como a afeccionados. 

Na primeira edición deste certame, Plan Siberia levou a 'Xunto a ti' (2017) a converterse na canción favorita da Galega. Plan Siberia dá nome ao proxecto do pontevedrés Gabriel Blanco, de 31 anos, compositor cun amplo rexistro e con formación musical moi influenciada tamén polo seu paso por distintas agrupacións tradicionais.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: