CRTVG

Buscar

Aquí hai praia

Programa 10

25/09/2015 00:15 h

O espazo da TVG estará hoxe no mítico areal da Lanzada. Protexido por unha contorna dunar e cunha lonxitude de 2,5 quilómetros, é unha das praias máis coñecidas de toda Galicia e é visitada por centos de turistas durante todo o ano.

A seguinte parada será en Patos, no concello de Nigrán. Esta praia é unha das mellores de toda a comunidade para a práctica do surf pola incidencia do océano nela. Desde alí hai unha magnífica visión das illas Cíes.

“Aquí hai praia” tamén visitará este xoves a praia da Aguieira, en Porto do Son, que goza dunha contorna virxe e augas calmas e onde se pode gozar do pracer de perderse nas súas dunas.

Finalmente, o programa gozará dunha xornada na praia de Francón, situada en Aldán, nunha contorna natural, pero que goza das comidades dun cámping a onde se pode acceder desde o propio areal.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: