CRTVG

Buscar

Vivan as tardes!

Programa 108

13/04/2018 17:30 h

David Sueiro, o primeiro convidado do “Vivan as Tardes!” deste venres, é unha persoa afortunada. É o dono dos ovos máis caros e saborosos do mundo e do corazón máis namorado do Deza. O seu soño naceu hai moitos anos, cando gozaba axudando os seus avós nos labores de labranza, pero conseguiu facerse realidade hai 5 anos, creando Galo Celta. Na súa granxa de Vila de Cruces viven felices e libremente galos e galiñas de razas autóctonas galegas, criadas combinando os agarimos e a sabedoría tradicional coas técnicas actuais. Os seus ovos conseguiron fama internacional, non en van son os favoritos de moitos chefs como Martín Berasategui.   Adrián e Zoe chegarán ao programa desde Santiago. Son amigos desde a infancia e xuntos crearon unha empresa que se encarga da organización de vodas. Cando unha parella os contrata, eles asumen a responsabilidade de preparar esa celebración ao gusto dos noivos e axustándose ao presuposto fixado. Posto que polo seu traballo se están a converter en expertos en vodas, Zoe e Adrián darán tamén consellos para noivos e convidados e falarán das tendencias deste ano no mundo nupcial. 
Tamén estará hoxe en “Vivan as Tardes!” Ángela, que estudou para ser directora de hotel. Despois de traballar en hoteis de España e Europa, regresa á casa xunto a súa familia cun fillo e separada do pai. Busca traballo, pero non atopa nada axeitado á súa formación, e a súa nai, cun posto de peixe no mercado coruñés de San Agustín, proponlle traballar con ela. Ángela é unha praceira diferente, fóra do molde ao que estamos habituados. Virá acompañada de Mari Carmen, unha praceira veterana, que contará como foi a chegada de Ángela ao mercado de San Agustín. 
Finalmente, o espazo da TVG recibirá a visita de Manuel Mandianes, un neno de aldea que chegou a estudar na Sorbona e a viaxar por medio mundo. Como antropólogo sabe moito dos costumes do noso pobo e a iso virá ao programa desde Xinzo de Limia, para falar dos costumes que había antes. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: