CRTVG

Buscar

Casa Manola

Capítulo 3: Tempo de laranxas

15/04/2019 15:00 h

No presente episodio, un matrimonio en crise hospédase na casa de turismo rural coa esperanza de recuperar a paixón, pero todos están demasiado ocupados como para permitir que estean tranquilos. Por unha banda, Vero ten que mediar no conflito entre a súa sogra e Remedios, unha veciña coa que leva anos enfrontada por mor dunhas lindes. Ambas as dúas considéranse propietarias dun vello laranxeiro e a intervención de Vero só servirá para enlear aínda máis o asunto. Mentres tanto, Nacho e o seu tío Barrantes tratan de reeditar as súas fazañas de xuventude subidos a unha carrilana, pero semella que o tempo pasa para todos.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: